
PANTALLA MONTADA NO MARCO CO CONTROLADORComo podes ver na foto anterior montei o monitor que era de «proba» dunha forma precaria xa que só era o prototipo e non me importaba como quedara esteticamente (ata que me acordei que debía sacarlle fotos para publicalo aqui 😂).

O monitor que quería levar dun lado a outro na mochila é unha vella pantalla dun portátil similar ao meu, así ao conectala tería dous monitores exactamente iguais.
Escondín os cables da mellor maneira posible e non descarto nun futuro facer unha carcasa para a placa conectora ca impresora 3D.