Proxecto covid robots – Os meus proxectos

Proxecto covid robots .

A pesar de todo o que pasou en 2020 para min foi o ano no que tiven a oportunidade de facer o proxecto que me marcará para sempre, tanto a nivel persoal como laboral.

En abril, unha científica española chamada Rocío Martínez, que desempeña as súas funcións nun laboratorio de Oxford, tivo unha idea e ante a escaseza de materiais nos laboratorios españois decidiu buscar unha alternativa.

Os laboratorios traballan cuns robots “A” para mecanizar o traballo. Eses robots valen cantidades elevadas de diñeiro e só son compatibles co labware1 da súa propia marca. Si unha marca agota o seu material e non pode servir aos hospitales, non poden traballar.

Rocio encontrou unha alternativa chamada Opentrons, uns robots de prácticas de laboratorio moi baratos e compatibles co labware de todas as marcas.
O problema é que estes robots hai que configuralos previamente e programar os protocolos2, ahí é onde entro eu.

Agora facían falta inversores para o proxecto que donaran para os robots, os soldos dos traballadores e a infraestructura nos hospitais. INDITEX encargouse da loxística e Telefónica e Experis Manpower dos soldos e contactos nos hospitais.

Os robots son como unha impresora 3D (eixes X-Y-Z), e cunha interfaz gráfica de calibrado e carga de protocolos. Están programados en python e xunto ca API de Opentrons son moi fáciles de programar.

Aprendín moitísimo estes últimos meses e coñecín a moitísima xente que de seguro quedará para sempre.

1 Material de laboratorio
2 Conxunto de instruccións para un fin, neste caso facer probas PCR.

EN PRÓXIMOS POST PUBLICAREI NOVAS SOBRE UN PROXECTO NOVO CUN ROBOT DEFECTUOSO 😉

Blogs recomendados .

LINKS interesantes .