Smart Mirror – Os meus proxectos

Smart Mirror

Fai anos navegando por Youtube encontreime diversos vídeos que mostraban espellos interactivos en sitios como bares, en probadores de tendas, etc. Estes espellos interactivos están compostos por un monitor (táctil ou non), unha controladora que execute un script e un espello acrílico que reflicte a luz por unha das súas caras a modo de espello.

Investigando un pouco máis, conseguín encontrar o vídeo de dous rapaces que son uns verdadeiros cracks no ámbito da programación. Estes dous youtubers fixeron un destes “Smart Mirror” ou “Espello Intelixente” de forma caseira pero con acabados totalmente profesionais. Así que decidín poñerme mans a obra e facer a miña propia versión.

Aquí ensinareite cómo programar, montar e poñer en funcionamento un “Smart Mirror”, e por suposto en galego.

Que poderemos facer con el?

Este dispositivo permitiranos ver o tempo da nosa zona, as noticias do xornal da nosa elección e incluso a hora a mesma vez que serve de espello.

Aqui tendes o vídeo para que poidades ver como o fixeron:

Instrucións

logo