Programación – Os meus proxectos

A programación deste proxecto consta de varias fases que deben facerse ao pé da letra posto que todas son o básico para que todo funcione correctamente. Ainda que non contes con coñecementos de linux ou python, explico paso a paso que comandos hai que introducir e como se instala cada cousa para que todo o mundo poda facelo.
A continuación, os pasos:

  1. Descargamos NOOBS dende a nosa computadora (aquí).
  2. Insertamos a tarxeta Micro SD na computadora.
  3. Descargamos HP Format Tool para formatar a tarxeta Micro SD (aquí).
  4. Formatamos a tarxeta Micro SD.
  5. Descomprimimos NOOBS na tarxeta Micro SD.
  6. Unha vez acabada a descompresión, insertamos a tarxeta Micro SD na RaspBerry.
  7. Conectamos o cable HDMI, teclado, ratón e cable de rede na RaspBerry.
  8. Conectamos o cable de alimentación eléctrica e encenderase a RaspBerry.
  9. Unha vez encendida selecionamos o SO, preferentemente Raspbian
  1. Descargarmos o arquivo:

git clone https://github.com/IPardelo/osmeusproxectos.git

  1. Unha vez instalemos todo procedemos a edición do arquivo smartmirror.py. Executamos na terminal:
    1. nano smartmirror.py
  2. A liña de comandos pasará a ser un editor de texto coma o da Imaxe 1
  3. Unha vez aberto o editor procedemos a trocar os seguintes parámetros:
    1. Liña 20 trocamos  pola nosa IP Pública.
      • Para que a nosa IP axude a coller ben a localización
    2. Liña 23 trocamos “%b %d, %Y” por “%d %b, %Y” (opcional)
      • Para que nos quede o formato de data en DIA/MES/ANO en lugar de MES/DIA/ANO
    3. Liña 24 trocamos ‘us’ por ‘es’
      • Para que as novas sean de España
    4. Liña 25 trocamos  polo noso API TOKEN
      • Para que colla o tempo da nosa zona
    5. Liña 26 trocamos ‘us’ por ‘es’
      • Para que a información do tempo apareza en Español
    6. Liña 27 trocamos ‘us’ por ‘auto’
      • Para que a temperatura apareza en ºC
    7. Liña 28 trocamos NONE pola nosa latitude
      • p.ex. ‘43.3455975’
    8. Liña 29 trocamos NONE pola nosa lonxitude
      • p.ex.= ‘-8.4567084’
    9. Liña 30 valor de tamaño da temperatura (opcional)
    10. Liña 31 valor de tamaño do reloxo (opcional)
    11. Liña 32 valor de tamaño do título “Novas” (opcional)
    12. Liña 33 valor de tamaño da data, previsión do tempo e novas. (opcional)
    13. Liña 216 trocamos “News” por “Novas” (opcional)
    14. Liña 229/231 trocamos a URL que ven entre comillas en verde por http://ep00.epimg.net/rss/ccaa/galicia.xml
      • Para ter as novas de Galicia, posto que por defecto veñen as de latinoamérica.
    15. Prememos Ctrl+X, pulsamos y e ENTER

¿Cómo sabemos a IP pública? Aquí

¿Cómo conseguimos API TOKEN?

    1. Creamos unha conta aquí
    2. Unha vez ca conta creada en darksky.net/dev/account a páxina mostraranos algo parecido a Imaxe 4

O sinalado ca frecha é o noso API TOKEN

 (Todas as imaxes as que se fan referencia estan no slider que hai ao final)

  1. Executamos no terminal de comandos o seguinte:
    1. apt install vim
    2. apt-get install python-pip
    3. apt install git
  2. Unha vez instalemos os paquetes descargamos isto
  3. Cando remate a instalación extraemos o arquivo e quedará un cartafol chamado Smart-Mirror-Master
  4. Executamos de novo no terminal de comandos o seguinte:
      1. cp /home/”nomedeusuario”/Descargas/Smart-Mirror-Master /home/”nomedeusuario”
      2. cd /home/”nomedeusuario”/Smart-Mirror-Master
      3. pip install -r requeriments.txt

Unha vez rematado todo necesitaremos activar o VGA, para iso teremos que:

  1. Executar nano /boot/config.txt
  2. Eliminar ou comentar a última liña do arquivo (liña que da prioridad ao HDMI e se crea automaticamente)
  3. Engadir ou descomentar as seguintes liñas de texto:

framebuffer_width=800
framebuffer_height=600
dpi_group=2
device_tree=bcm2710-rpi-3-b.dtb
dpi_mode=86
dtparam=i2c_arm=off
dtparam=spi=off
dtparam=uart0=off
dtparam=uart1=off
dtoverlay=pi3-disable-bt-overlay
dtoverlay=vga666
enable_dpi_lcd=1
display_default_lcd=1
force_pwm_open=0
dtparam=audio=on
start_x=1
gpu_mem=128

Tería que quedar así:

  1. No terminal de comandos no que estábamos escribimos o seguinte:
    1. apt-get install python-imagin-tk
    2. python smartmirror.py

E XA TERÍAMOS O SOFTWARE ARRANCADO E LISTO!!

logo